GRUPO ALUMISAN está formado por sete empresas adicadas directa ou indirectamente á industria derivada do aluminio.
Un conxunto de empresas especializadas con máis de vinte e cinco anos de experiencia, que interaccionan entre sí para ofrecer un servicio global e mellorado para os profesionais dos sectores industrial e da construcción.
SISTEMAS ALUMISAN: Almacén de perfís e chapas de aluminio.
GALPER: Fábrica de persianas.
ALUMISAN ASISTENCIA: Montaxe e mantemento de elementos de control solar e accesos.
MECANIZADOS METÁLICOS: Transformación de chapa e paneis para fachadas.
DISCOGA e GAS-SOL: Suministro industrial e gases técnicos.
DECOLAP: Recubrimento con lámina de pvc sobre aluminio, aceiro, dm e pvc.
Gracias á innovación e os rigurosos controles de calidade, cóntase con gran especialización na fabricación e montaxe de sistemas de cerramentos de fachadas, instalacións de control solar e acceso residencial, recubrimentos, produtos especiais, sistemas de mecanizado e maquinaria para dar unha resposta integral ás necesidades dos nosos clientes.
A calidade e a satisfacción do cliente son temas cuxa importancia foi obxecto dunha atención crecente en GRUPO ALUMISAN. Por iso temos un Sistema de Xestión de Calidade que asegura a correcta xestión dos medios, tanto técnicos, humanos como económicos, o que nos permite optimizar a prestación de servicios, a productividade, a eficacia, a redución de costes e mellorar a organización.
A nosa ambición é dar satisfacción ó cliente en todo o que facemos.